luns, 20 de abril de 2020

TALLER DE PRIMAVERA 3

Seguimos coa P R I M A V E R A.
Agora foi a quenda de outro animaliño ao que lle gusta moito esta estación: o  VERME! 

Fixemos uns vermiños ben simpáticos a partir de círculos. Para iso debuxamos 6 círculos, decorámolos e recortámolos o mellor que poidemos. 
Por último montamos o noso verme, debuxámoslle a cara, os pés e para que sexa máis didáctico... en cada círculo escribímoslle unha vogal!

Ningún comentario:

Publicar un comentario