venres, 19 de xuño de 2020

CHEGA O VERÁN!


Damos fin á primavera e dicímoslle ola ao verán!
Agardamos que sexa un bo verán para todos e todas!
Esta última semana de cole a distancia, a proposta voluntaria para a aula de 3 anos B fixo fincapé nesta estación!




 

luns, 8 de xuño de 2020

5 DE XUÑO: DÍA DO MEDIO AMBIENTE


O 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Todos os seres vivos xogamos un papel moi importante no seu equilibrio natural. Durante a pandemia e mentres estivemos confinados poidemos ler noticias moi interesantes: os animais achegáronse a zonas non habituais para eles (cidades, costa), o nivel de contaminación baixou considerablemente, a vexetación medrou por todas partes...

A semana pasada, todas as actividades propostas xiraron en torno a esta data tan importante: fixemos debuxos, recollemos e secamos flores e follas, tratamos os animais en perigo de extinción, a importancia da reciclaxe e rematamos traballando o San Xoán!
*Pincha nas imaxes para ver en grande todo o que fixemos!




SECAMOS FLORES E FOLLAS, CUBRIMOS AS FICHAS DE REXISTRO E CON ELAS TRABALLAREMOS O VINDEIRO CURSO!  



 ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN:


IMPORTANCIA DA RECICLAXE: EN QUE CONTEDOR SE TIRAN OS PAPEIS?


E O RITO DAS HERBAS DO SAN XOÁN!


 

martes, 2 de xuño de 2020

CONTO: MARUXA


Unha proposta de actividade voluntaria neste período de alarma sanitaria foi traballar co conto MARUXA.
 
A principal finalidade foi:
Promover nos nenos e nenas valores encamiñados á igualdade entre homes e mulleres, neste caso facendo fincapé nas tarefas domésticas.

Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.
Pincha nas imaxes para ver en grande todo o que fixemos!




luns, 1 de xuño de 2020

UNHA ADIVIÑA DE ANIMAIS!



TEÑO UNHA LARGA MELENA,
SON FORTE E MOI VELOZ,
ABRO A BOCA MOI GRANDE,
E DOU MEDO COA MIÑA VOZ.


Nesta ocasión foi a quenda do LEÓN!
Traballamos coas letras deste animal, co seu son, debuxámoslle a melena e ata fixemos ioga. Sabías que unha postura do ioga é a do león?



Ensinámosvos a proposta de traballo polo miúdo  (pincha na imaxe para vela en grande)