mércores, 29 de abril de 2020

ADIVINA...


ADIVINA, ADIVINANZA


¿CUÁL ES EL MEDIO,
 
QUE VA Y VIENE,

 
Y EN EL PUERTO

SE DETIENE?




Seguimos con las adivinanzas.
En esta ocasión fue el turno del barco.
Os dejamos la propuesta de trabajo.



 

martes, 28 de abril de 2020

CANCIÓN DÍAS DA SEMANA!

 

Por que non repasamos os días da semana? 

Aí vai a nosa canción!

SEMANA DO LIBRO

 
A semana pasada celebramos a SEMANA DO LIBRO.
Foron moitas as tarefas que realizamos...

Comezamos traballando o conto: NON FAI FALTA A VOZ.
Todos os animais teñen a súa voz.
(...)
O can ladra,
os cachorriños responde.
O gato miaña,
o gatiños tamén!
(...)
E a xirafa? 
A xirafa non ten voz! 



A partir deste conto fixemos xogos nos que non precisamos a voz para comunicarnos, xogamos a diferenciar os sons dos diferentes animais, reproducímolos...

Ata debuxamos unha xirafa (como a protagonista do conto) empregando a silueta da nosa man.




Continuamos traballando cun fermoso poema de Antonio García Teijeiro.



E como non podía ser doutra forma, rematamos a semana facendo o noso propio marcapáxinas.


 Estes peques non poden ser máis traballadores! 
Aí vai a proposta de traballo polo miúdo! (pincha nas imaxes para velas en grande)








venres, 24 de abril de 2020

EXPERIMENTO CO NOME!

Os experimentos que parecen maxia... encántannos!
Anímaste a facer o experimento dos NOMES INVISIBLES?

Materiais necesarios:
- Un limón.
- Un folio.
- Auga.
- Un pincel ou bastoncillo.
- Vela ou chisqueiro.
 Explicación:
- Exprime un limón nunha taza e engádelle unha cullerada de auga.
- Remexe ben coa axuda do pincel ou do bastoncillo.
- Escribe un nome no folio co pincel/bastoncillo mollado na mestura de auga e limón.
- Deixa secar o papel.
- Coa axuda dun adulto pon unha vela debaixo do folio e poderás descubrir o nome secreto. (Se non tes vela podes usar un chisqueiro no seu lugar).

Mirade que ben o fixeron os peques de 3 anos B!

xoves, 23 de abril de 2020

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO


Esta semana, é unha semana especial: A SEMANA DO LIBRO!

Pouquiño a pouco irémosvos amosando todo o que estamos traballando.


De momento... aí van algúns dos contos preferidos que temos na casa!





luns, 20 de abril de 2020

TALLER DE PRIMAVERA 3

Seguimos coa P R I M A V E R A.
Agora foi a quenda de outro animaliño ao que lle gusta moito esta estación: o  VERME! 

Fixemos uns vermiños ben simpáticos a partir de círculos. Para iso debuxamos 6 círculos, decorámolos e recortámolos o mellor que poidemos. 
Por último montamos o noso verme, debuxámoslle a cara, os pés e para que sexa máis didáctico... en cada círculo escribímoslle unha vogal!

ADIVINA, ADIVINANZA



      TENGO ALAS Y NO SOY PÁJARO.
TENGO COLA Y NO SOY PEZ.
PARA VIAJAR POR EL MUNDO, EN MI PANZA TE TIENES QUE METER!

                    ¿QUÉ MEDIO DE     TRANSPORTE SERÁ?


Los peques de 3 años B trabajaron con esta adivinanza. ¿Queréis saber todo lo que hicieron...? Mirad, mirad!


venres, 3 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO!


 VAI POR EL@S !
 VAI POR NÓS !
 VAI POR TOD@S!



TALLER DE PRIMAVERA 2



Continuamos traballando coa primavera.
Nesta ocación cun insecto típico desta estación como é a BOLBORETA!

Traballamos coa grafia desta palabra e debuxámoslle dúas ás axudándonos da silueta das mans!
Por último decoramos como máis nos gusta.



Aí vai a proposta polo miúdo:


 

xoves, 2 de abril de 2020

EMOCIÓNATE!

Estes días de confinamento son moitas as emocións que se manifestan en nós.
Familias, nenos, nenas,... estamos tensos, temos medo, temos momentos de alegría...
É unha situación moi rara a que estamos a vivir! 

De aí a importancia das EMOCIÓNS! 

 




A alegría, a tristeza e o enfado foron as tres emocións nas que fixemos fincapé.
Axudámonos do conto "El monstruo de colores y el coronavirus"



Cada neno/a tivo como tarefa sacar tres fotografías: unha alegre, unha triste e outra enfadado.

O resultado foi espectacular! De momento deixámosvos un adianto xa que estamos realizando un CONTO-ÁLBUM de emocións que formará parte da nosa biblioteca de aula.
Máis adiante volo amosaremos!