sábado, 28 de novembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 Cada 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada dedicada a facer fincapé nos distintos tipos de violencia que sofren moitas mulleres de todo o mundo.

Neste día tan violeta intentamos facer ver que a violencia non nos leva a nada bo, nin exercela, nin padecela. 

Traballamos coas nosas mans. Que podemos facer con elas? Pois milleiros de cousas que nos gustan! É certo que con elas podemos empuxar, pegar.. pero ese camiño non o podemos permitir!

 Anímate a escoitar a seguinte canción de UNICEF: "Digamos NO a la violencia".

xoves, 26 de novembro de 2020

DÍA DA INFANCIA


 Como cada ano, o 20 de novembro celebramos o Día Universal do Neno e da Nena cun claro obxectivo: recordarlle á cidadanía que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e polo tanto o que máis sofre as crises e os problemas do mundo.

Este día mundial recorda que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación, á protección... independentemente do lugar do mundo no que naceran. 

Escoitamos e bailamos a canción de Cantajuegos "Yo tengo derecho".

 E debuxamos diferentes nenos e nenas.

xoves, 12 de novembro de 2020

EN TEMPO DE MAGOSTO...


Esta semana estivemos falando do castiñeiro, a árbore que temos xusto diante da fiestra da nosa aula. Como é? e os ourizos?, e as castañas?... Posto que fixo bo tempo recollemos no patio diferentes follas secas desta árbore. 

Que fixemos con elas? pois uns personaxes do outono ben curiosos.

Cunha castaña que decoramos poñéndolle ollos, nariz e boca; cun ourizo que coloreamos e recortamos, cunha folla de castiñeiro e cuns anacos de la...este foi o resultado!

sábado, 31 de outubro de 2020

É TEMPO DE SAMAÍN!


Chegou o SAMAÍN e non podemos deixar de compartir unha escolma de recursos terroríficos cos que traballamos para celebralo.

- Comezamos co conto "CORRE, CORRE, CABACIÑA", todo un clásico que nunca falla. 

 

Despois de escoitar o conto fixemos o noso propio monicreque do conto. Mirade que chulo nos quedou!

 
 
- Fixemos unha MÁSCARA DE VAMPIRO.


Con un prato de papel, témpera, cartolina e gomaeva fixemos unha máscara que mete moito medo!
 
 
- Coa axuda de gomets do samaín repasamos a asociación número-cantidade.



BAILAMOS ao ritmo de algunha canción terrorífica.
 

martes, 27 de outubro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O Día das Bibliotecas celébrase o 24 de outubro en recordo ao incendio sufrido pola Biblioteca de Saraxevo durante o conflito dos Balcáns en  1992. 

A edición deste ano, que ten por lema  "Bibliotecas, sempre ao teu carón", pretende pór de manifesto a importancia das bibliotecas para ofrecer acceso ao coñecemento, á cultura e ao entretemento.

Aquí vos ensinamos unhas imaxes das bibliotecas que temos nas nosas casas!

mércores, 21 de outubro de 2020

CHEGOU O OUTONO!

 O 22 de setembro demos a benvida ao outono!

Podes bailar ao ritmo desta canción!


 Fixemos 3 fichiñas repasando esta estación e seguiremos afondando no tema. 

Máis adiante ensinarémosvos tamén unhas pequenas manualidades que estamos a realizar!



luns, 19 de outubro de 2020

CONTO: "HASTA QUE PODAMOS ABRAZARNOS"

Por fin volvemos ao cole!

Foi unha volta moi especial e na que temos que tomar unha serie de precaucións e seguir unas normas. Coa axuda deste fermoso conto traballamos algún destes aspectos: OUTRAS MANEIRAS DE DEMOSTRAR O CARIÑO E O AFECTO SEN SER OS ABRAZOS.

Non está sendo como de costume pero seguimos sendo uns verdadeiros heroes e heroínas!


"Erizo y Tortuga eran muy buenos amigos. Y querían darse un abrazo muy, muy grande. Pero no tenían permiso para tocarse.

Tranquilos, dijo Búho. Hay muchas otras maneras de demostrarle a alguien que le quieres.

Erizo probó con un saludo. Eso hizo que Tortuga sonriera.

Tortuga puso una cara graciosa. Eso hizo reír a Erizo.

Erizo escribió una carta. Y Tortuga le contestó con otra.

Y, cuando Tortuga se puso a bailar, Erizo bailó como ella.

Erizo envió un beso volando por el aire. Tortuga lo vio, lo atrapó y se lo guardó. Y le envió tres besos de vuelta.

Tortuga cantó una canción. Erizo tocó para acompañarla.

 

Después, los dos hicieron el mismo dibujo para que todo el mundo supiera que eran amigos…. 

Cuando llovía y cuando brillaba el sol... no se podían tocar. No se podían abrazar. Pero los dos sabían que se querían".

FIN





REALIZAMOS UN PEQUENO PROXECTO SOBRE ESTE CONTO. Aquí vos ensinamos un collage coas fichas que realizamos...


 

venres, 19 de xuño de 2020

CHEGA O VERÁN!


Damos fin á primavera e dicímoslle ola ao verán!
Agardamos que sexa un bo verán para todos e todas!
Esta última semana de cole a distancia, a proposta voluntaria para a aula de 3 anos B fixo fincapé nesta estación!




 

luns, 8 de xuño de 2020

5 DE XUÑO: DÍA DO MEDIO AMBIENTE


O 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Todos os seres vivos xogamos un papel moi importante no seu equilibrio natural. Durante a pandemia e mentres estivemos confinados poidemos ler noticias moi interesantes: os animais achegáronse a zonas non habituais para eles (cidades, costa), o nivel de contaminación baixou considerablemente, a vexetación medrou por todas partes...

A semana pasada, todas as actividades propostas xiraron en torno a esta data tan importante: fixemos debuxos, recollemos e secamos flores e follas, tratamos os animais en perigo de extinción, a importancia da reciclaxe e rematamos traballando o San Xoán!
*Pincha nas imaxes para ver en grande todo o que fixemos!




SECAMOS FLORES E FOLLAS, CUBRIMOS AS FICHAS DE REXISTRO E CON ELAS TRABALLAREMOS O VINDEIRO CURSO!  



 ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN:


IMPORTANCIA DA RECICLAXE: EN QUE CONTEDOR SE TIRAN OS PAPEIS?


E O RITO DAS HERBAS DO SAN XOÁN!