venres, 15 de novembro de 2019

AS SERIES

Esta semana traballamos as SERIES.
"A seriación é unha habilidade mental que se pode desenvolver dende pequenos.
Os nenos/as deben aplicar a lóxica para imitar ou crear unha serie na que empregarán de forma inconsciente habilidades e destrezas de comparación e ordenación que serán claves para a súa aprendizaxe posterior".
Son moitos os conceptos que se poden aprender mentres se fan series. Nós traballamos as cores, as formas...


TRABALLO CO NOME

Esta semana comezamos a traballar con fichas individuais do noso NOME.
Primeiro repasamos as letras do nome seguindo os puntiños e despois intentamos facer visibles as letras do noso nome que case non se apreciaban (pois estaban con marca de auga).
O resultado non estivo nada mal!


venres, 8 de novembro de 2019

MAGOSTO DE CINE!

Este magosto centramos o noso traballo no conto "La castañera".
Realizamos diferentes actividades e, aínda que polas previsións metereolóxicas non se fixeron os xogos populares,...pasámolo moi ben!
Graciñas familias polas vosas aportacións!