venres, 24 de abril de 2020

EXPERIMENTO CO NOME!

Os experimentos que parecen maxia... encántannos!
Anímaste a facer o experimento dos NOMES INVISIBLES?

Materiais necesarios:
- Un limón.
- Un folio.
- Auga.
- Un pincel ou bastoncillo.
- Vela ou chisqueiro.
 Explicación:
- Exprime un limón nunha taza e engádelle unha cullerada de auga.
- Remexe ben coa axuda do pincel ou do bastoncillo.
- Escribe un nome no folio co pincel/bastoncillo mollado na mestura de auga e limón.
- Deixa secar o papel.
- Coa axuda dun adulto pon unha vela debaixo do folio e poderás descubrir o nome secreto. (Se non tes vela podes usar un chisqueiro no seu lugar).

Mirade que ben o fixeron os peques de 3 anos B!

Ningún comentario:

Publicar un comentario