domingo, 6 de xuño de 2021

SEMENTAR, SEMENTAREI... (paisaxe)

 Coa chegada da primavera e despois de traballar este tema, os nenos e nenas de 4 anos B puxémonos a sementar!

PRIMEIRO SAÍMOS AO PATIO PARA ENCHER UNS VASOS CON TERRA.



 DESPOIS METEMOS 3 SEMENTES EN CADA VASO.

AGARDAMOS UNS 10 DÍAS PARA QUE COMEZASEN A NACER AS NOSAS PLANTAS. MENTRES TANTO, COLOREAMOS UNS VASOS DE CARTÓN QUE SE CONVERTIRÍAN NOS TESTOS DAS NOSAS PLANTAS, REGAMOS, PUXEMOS OS VASOS NOS LUGARES MÁIS LUMINOSOS DA NOSA AULA,... E O RESULTADO FINAL FOI ESTUPENDO!

CADA NENO/A LEVOU A PLANTA PARA A SÚA CASA POSTO QUE XA ESTABAN A PIQUES DE FLORECER! 




*TAMÉN NOS INICIAMOS NA PRÁCTICA DO TRASPLANTE DAS PLANTAS PARA UN TESTO MÁIS GRANDE. POIS O VASO ESTÁBASELLES QUEDANDO PEQUENO E AS RAÍCES PEDÍANNOS MÁIS TERRA!



 

AS CEGOÑAS - PAISAXE

 Dende fai uns 4 anos, este animal tan peculiar, vén facer o seu niño moi preto do colexio!

En moitos recreos podemos observar ás cegoñas voar polo noso patio e este feito espertou a nosa curiosidade sobre este animal.

Decidimos facer unha saída ata o niño e alí comentar diferentes aspectos deste animal: que comen, onde viven o resto do ano, cantas crías adoitan ter...


Regresamos cansos para o cole pero... estas saídas polo contorno e en contacto coa natureza non teñen desperdicio!

Aquí vai unha imaxe da nosa manualidade sobre as cegoñas!


NA BÚSQUEDA DE INSECTOS - PAISAXE

 Aproveitamos a saída ao regato para...

Converternos en verdadeiros EXPLORADORES E EXPLORADORAS! Coa axuda da nosa lupa poidemos atopar diferentes insectos: miñocas, caracois, lesmas... e sobre todo bichos bóla!






PAISAXE: A IMPORTANCIA DA AUGA!

 Este curso escolar, os nenos de 4 anos estamos desenvolvendo o proxecto sobre a AUGA! 

QUE IMPORTANTE É ESTE ELEMENTO NO MEDIO!

Despois de realizar diferentes traballos na aula: características da auga, estados da auga, o ciclo da auga, usos da auga ... decidimos facer unha pequena saída ata un regato próximo ao colexio.


Pasamos uns bos momentos buscando diferentes gotas que a mestra escondeu pola paisaxe e fixemos navegar uns barquiños de papel que fixemos na aula!




Por último, fixemos un par de manualidades relacionadas coa auga!



A PRIMAVERA XA CHEGOU! (PAISAXE)

O 20 de marzo comezou a primavera e os nenos e nenas de 4 anos B comezamos a traballar con esta estación: que cambios se producen na paisaxe?, que coidados precisan as plantas e as árbores?...

Acordamos facer unha especie de lapbook/calendario resumo desta estación. 

Aquí volo ensinamos!









sábado, 28 de novembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 Cada 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada dedicada a facer fincapé nos distintos tipos de violencia que sofren moitas mulleres de todo o mundo.

Neste día tan violeta intentamos facer ver que a violencia non nos leva a nada bo, nin exercela, nin padecela. 

Traballamos coas nosas mans. Que podemos facer con elas? Pois milleiros de cousas que nos gustan! É certo que con elas podemos empuxar, pegar.. pero ese camiño non o podemos permitir!

 Anímate a escoitar a seguinte canción de UNICEF: "Digamos NO a la violencia".

xoves, 26 de novembro de 2020

DÍA DA INFANCIA


 Como cada ano, o 20 de novembro celebramos o Día Universal do Neno e da Nena cun claro obxectivo: recordarlle á cidadanía que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e polo tanto o que máis sofre as crises e os problemas do mundo.

Este día mundial recorda que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación, á protección... independentemente do lugar do mundo no que naceran. 

Escoitamos e bailamos a canción de Cantajuegos "Yo tengo derecho".

 E debuxamos diferentes nenos e nenas.