sábado, 28 de novembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 Cada 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada dedicada a facer fincapé nos distintos tipos de violencia que sofren moitas mulleres de todo o mundo.

Neste día tan violeta intentamos facer ver que a violencia non nos leva a nada bo, nin exercela, nin padecela. 

Traballamos coas nosas mans. Que podemos facer con elas? Pois milleiros de cousas que nos gustan! É certo que con elas podemos empuxar, pegar.. pero ese camiño non o podemos permitir!

 Anímate a escoitar a seguinte canción de UNICEF: "Digamos NO a la violencia".

xoves, 26 de novembro de 2020

DÍA DA INFANCIA


 Como cada ano, o 20 de novembro celebramos o Día Universal do Neno e da Nena cun claro obxectivo: recordarlle á cidadanía que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e polo tanto o que máis sofre as crises e os problemas do mundo.

Este día mundial recorda que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación, á protección... independentemente do lugar do mundo no que naceran. 

Escoitamos e bailamos a canción de Cantajuegos "Yo tengo derecho".

 E debuxamos diferentes nenos e nenas.

xoves, 12 de novembro de 2020

EN TEMPO DE MAGOSTO...


Esta semana estivemos falando do castiñeiro, a árbore que temos xusto diante da fiestra da nosa aula. Como é? e os ourizos?, e as castañas?... Posto que fixo bo tempo recollemos no patio diferentes follas secas desta árbore. 

Que fixemos con elas? pois uns personaxes do outono ben curiosos.

Cunha castaña que decoramos poñéndolle ollos, nariz e boca; cun ourizo que coloreamos e recortamos, cunha folla de castiñeiro e cuns anacos de la...este foi o resultado!