mércores, 27 de maio de 2020

DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS


Dende o 2018 cada 20 de maio celébrase o Día Mundial das Abellas.
As abellas non só axudan ao planeta na polinización de plantas senón que co seu traballo proporcionan ao home diversos produtos que teñen moitos beneficios para a saúde. Tanto o mel como a xelea real, a própole e o polen da abella reforzan o sistema inmunolóxico facéndote máis forte ante calquera enfermidade.
A proposta de traballo para este día foi a seguinte:



MANDALAS!

 Comezamos a traballar coas mandalas.
A mandala é unha estrutura de deseños concéntricos que representan unha composición repetitiva do universo e da natureza. Mandala é unha palabra de orixe sánscrito que significa “círculo”.

Segundo os estudios son moitos os beneficios que se lle atribúen ás mandalas. Colorear ou facer mandalas reduce o estrés, mellora a capacidade de atención e concentración, etc.

As mandalas son unha representación artística de deseño libre, é dicir, podemos debuxalas, colorealas ou construílas como queiramos, así que iso fixemos. 

Mirade que resultados máis chulis!

xoves, 21 de maio de 2020

OTRA ADIVINANZA...



¡Continuamos con las adivinanzas!

En estos días de sol y calor... 
 


CUANDO LLUEVE
Y SALE EL SOL,
TODOS LOSCOLORES, 
LOS TENGO YO!


Os mostramos nuestra propuesta de tarea y el trabajo de los peques!


 

domingo, 17 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Este 2020 imos escoitar falar moito de RICARDO CARVALHO CALERO, autor ao que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas.

Ricardo Carballo Calero naceu o 30 de outubro do 1910 na cidade de Ferrol e faleceu no 1990 en Santiago de Compostela. 
Foi un ilustre filólogo e escritor, mestre de varias xeracións, licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago e Doutor pola Universidade de Madrid. Ademais, foi un membro destacable da Real Academia Galega.

Foron moitas as actividades que realizamos toda a semana sobre este autor.











Propúxose un reto...

Pouco a pouco, as fotografías van chegando e os nosos contos personalizados van collendo forma. Cando estean todos acabados ensinarémosvolos!
Adiantámosvos a imaxe dunha portada!


sábado, 9 de maio de 2020

9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA


Este ano, máis ca nunca, estamos escoitando falar moito de EUROPA.
Pois a pandemia do COVID-19 chegou a tódolos países que a conforman e de aí, que estean conxuntamente traballando para buscar as mellores solucións ante esta situación.
 
Para festexar este día, os peques de 3 anos coloreamos a bandeira europea e intentamos escribir o nome deste continente.