sábado, 26 de outubro de 2019

ACTIVIDADE DE SOPLO!

As exercicios de soplo son moi importantes en nenos pequenos ou menores de oito anos, pois:
- Axudan a controlar a respiración.
- Melloran e entrenan o sistema muscular que participa no acto de falar.
- Melloran as articulacións e a pronunciación.
- Afianzan fonemas e reedúcanos. 
- Etc, etc.

Para a actividade que nós realizamos só precisamos 3 cousas:
- Palliñas.
- Témpera disolta en auga.
- A imaxe da nosa cara.
O resultado... UNS PELOS DE PUNTA QUE METEN MEDO!


Mirade o proceso!

CANTO ESTAMOS TRABALLANDO!

O noso Escornabot estanos ensinando as vogais.
Para iso empregamos un panel centrado no cine, pois cada vogal vai presentada con un personaxe DISNEY.
Coa "A" temos a Ariel (La Sirenita)
Coa "E" a Elsa de Frozen
Coa "I" a Igor de Winnie the Pooh.
Coa "O" a Olaf de Frozen.
Coa "U" a Úrsula. A bruxa malvada de La Sirenita.



Pero non perdades o ben que estamos facendo o traballo individual!
De momento coa letra "O"

No seguinte vídeo...máis imaxes!

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celébrase o día das Bibliotecas. 
Por este motivo, as coordinadoras de Actividades Extraescolares, Normalización Lingüística e Biblioteca solicitaron a colaboración de todo o alumnado do cole para realizar un mural colectivo titulado:TI POR QUE RAZÓN LES?

A nosa pequena aportación foi...

Aquí vos ensinamos unha fotografía do mural que se atopa no hall do colexio.
Tamén asistimos a unha sesión de contacontos a cargo de Érica González, que tivo lugar o pasado mércores na biblioteca do cole. 



SAMAÍN 2019



venres, 18 de outubro de 2019

QUE ARTE!

Esta semana rematamos os nosos bodegóns!
 - 1º Pintamos o debuxo dunha cesta con témpera (que despois a profe recortou e pegou nunha cartolina)
 -  2º Estampamos froitas naturais na cartolina.
 -  3º Pintamos con rodillo o que ía ser o marco do noso cadro.
 -  4º Decoramos con purpurina o marco. 


 Aquí podedes ver o resultado final!



 Tamén analizamos o cadro de Murillo: “Dos niños comiendo melón y uvas”
 Que vimos neste cadro? 
- Ah, os nenos non teñen zapatos! (dixo Carla)
- Ni calcetines! (engadiu Lucas)
El pantalón está roto y no tienen camiseta interior!
Chegamos á conclusión de que eran nenos pobres.
- Pois os meus papás teñen moitos cartos! (di Gael)
...
Ademáis vimos que no melón había dúas manchas negras. Que que eran? Pois dúas moscas que tamén querían comer o melón!

Aproveitamos este cadro para practicar as nosas habilidades coas tesoiras: fixemos un puzzle de dúas pezas!

venres, 11 de outubro de 2019

BODEGÓNS!

Esta semana continuamos traballando coas froitas do outono. 
Neste caso, dedicámosnos a investigar e a realizar bodegóns con froitas.

BODEGÓN: "Cadro pintura ou debuxo no que se representan alimentos, recipientes e utensilios domésticos". 
Imagen relacionada
Nun primeiro momento utilizamos froitas artificiais e despois pasamos ás froitas naturais.
Cada neno/a fixo as súas propias composicións libremente, de ahí que non haxa dúas iguais!
FROITAS ARTIFICIAIS



FROITAS NATURAIS






Na seguinte presentación podedes ver todas as imaxes... 
Mirade que chulis quedaron os nosos bodegóns nas fotos! 
E non o perdades, que para a semana ensinarémosvos os nosos cadros dos bodegóns feitos coa técnica do estampado de froitas!

venres, 4 de outubro de 2019

INICIÁMOSNOS NA ROBÓTICA EDUCATIVA!


Son moitos os artigos académicos que nos falan da importancia da ROBÓTICA na Educación Infantil.
Pois se os estudios así o indican… alá imos nós!

Presentámosvos ao noso robot: chámase ESCORNABOT!



Con el practicamos a direccionalidade (adiante/atrás), conceptos matemáticos (1 e 2), as cores e o nome dalgunhas froitas do outono.

Aquí vos ensinamos o panel co que traballamos:


Encantounos traballar con el así que seguirémolo usando todas as semanas!




MERENDAS DE PELÍCULA!

Durante o período de adaptación fixemos os nosos propios manteis para a merenda. Levan por nome: Merendas de película!
Cada neno/a pintou con pinceis o marco da súa fotografía e pegou os gomets.
Aproveitamos esta actividade para repasar a importancia dunha boa alimentación, os días da semana e a merenda que toca cada día.
Así nos quedaron!







ESTE CURSO VAI DE CINE!

A temática anual do centro é o CINE.
Por iso, decoramos a porta da nosa aula coas estrelas de Hollywood e un carrete fotográfico con imaxes nosas.
Quedou moi chuli!

ARRINCAMOS O CURSO 2019/20