A semana pasada celebramos a SEMANA DO LIBRO.
Foron moitas as tarefas que realizamos...
Comezamos traballando o conto: NON FAI FALTA A VOZ.
Todos os animais teñen a súa voz.
(...)
O can ladra,
os cachorriños responde.
O gato miaña,
o gatiños tamén!
(...)
E a xirafa?
A xirafa non ten voz!
A partir deste conto fixemos xogos nos que non precisamos a voz para comunicarnos, xogamos a diferenciar os sons dos diferentes animais, reproducímolos...
Ata debuxamos unha xirafa (como a protagonista do conto) empregando a silueta da nosa man.
Continuamos traballando cun fermoso poema de Antonio García Teijeiro.
E como non podía ser doutra forma, rematamos a semana facendo o noso propio marcapáxinas.
Estes peques non poden ser máis traballadores!
Aí vai a proposta de traballo polo miúdo! (pincha nas imaxes para velas en grande)












Ningún comentario:
Publicar un comentario