- 1º Pintamos o debuxo dunha cesta con témpera (que despois a profe recortou e pegou nunha cartolina)
- 2º Estampamos froitas naturais na cartolina.
- 3º Pintamos con rodillo o que ía ser o marco do noso cadro.
- 4º Decoramos con purpurina o marco.
Aquí podedes ver o resultado final!
Tamén analizamos o cadro de Murillo: “Dos niños comiendo melón y uvas”
Que vimos neste cadro?
- Ah, os nenos non teñen zapatos! (dixo Carla)
- Ni calcetines! (engadiu Lucas)
El pantalón está roto y no tienen camiseta interior!
Chegamos á conclusión de que eran nenos pobres.
- Pois os meus papás teñen moitos cartos! (di Gael)
...
Ademáis vimos que no melón había dúas manchas negras. Que que eran? Pois dúas moscas que tamén querían comer o melón!
Aproveitamos este cadro para practicar as nosas habilidades coas tesoiras: fixemos un puzzle de dúas pezas!



Ningún comentario:
Publicar un comentario