martes, 31 de marzo de 2020

LETRA "A" E LETRA "O"

AS LETRAS "A" E "O"

Foron as primeiras letras coas que traballamos este curso.
Nesta ocasión repasámolas buscándoas e recortándoas dun xornal. 
Tamén fixemos unha serie con elas!


Aí vai polo miúdo a proposta de traballo:
 

luns, 30 de marzo de 2020

TALLER DE PRIMAVERA

Seguimos traballando coa primavera!

Nesta ocasión, a nosa tarefa foi realizar unha flor a partir de círculos. 
Foron moitos os aspectos que traballamos: as formas xeométricas, os tamaños, a serie numérica, as destrezas coa tesoira...


xoves, 26 de marzo de 2020

EU QUEDO NA CASA!

 
QUEDARSE NA CASA é  unha  das  medidas  máis  eficaces  para frenar  a  propagación  do  virus  que  causa  a  enfermidade  do Covid-19.
Por  iso, os  nenos  e  nenas  de  3 anos B  seguimos  facendo  fincapé na  importancia  de  non  saír  da  casa  mentres  siga  esta  situación.

 







ESTA GUERRA VENCERÉMOLA PORQUE...

Cada día, as cifras do Covid-19 son máis desoladoras pero, a guerra deste bichiño tan travieso vencerémola porque...


O mércores os peques máis a profe puxémonos a decorar letras para facer este súper collage grupal. 
Verdade que vos gusta?

martes, 24 de marzo de 2020

TROLLS 2!

O 19 de marzo saía no cine a película TROLLS 2 ...  GUAU...!


Canto tempo levabamos agardando ese momento... 
Que aventuras vivirá Poppy nesta nova película? 
E Branch?
Pasará algunha desgraza coa guitarra de Poppy?

Por circunstancias do covid-19 temos que agardar máis do esperado para ir ao cine todos xuntos... pero iremos!
Mentras tanto... por que non seguimos descubrindo cousas novas dos trolls?

SABÍAS QUE...
Os trolls non teñen 5 dedos nas súas mans nin nos seus pés. Os trolls teñen 4 dedos! Fíxate ben na imaxe:
Proposta de actividades:



Mirade todo o que traballaron os peques de 3 anos B dende as súas casas! 





 


luns, 23 de marzo de 2020

A PRIMAVERA XA CHEGOU!

O venres chegou a PRIMAVERA! Píllanos na casa e non podemos saír inmediatamente a celebrala, pero todo se andará!
Mentres tanto, deixámosvos aquí unhas propostas!



Animádesvos?

Podemos comezar cantando e bailando ao ritmo de Mamá Cabra! Ou xogando a adiviñar os sons que aparecen na canción "Los sonidos de la primavera"


Tamén podemos intentar escribir a palabra primavera, facer unha manualidade...
Aí van as imaxes das propostas de actividades e de todo o que traballaron os nosos peques!




venres, 20 de marzo de 2020

SUPERPAPÁ!

Estamos en corentena, nunha situación extraordinaria pero.... quen dixo que non podemos celebrar o Día do Pai?

Dende o cole, e como este curso vai de CINE, fixemos unha tarxeta para cada un dos nosos papás baseándonos no personaxe SUPERMAN! Mirade que chulis nos quedaron!


Tamén fixemos uns chaveiros moi especiais... pero ata que volva a normalidade non os poderemos levar para as nosas casas.
Mentres tanto, ensínovos unhas fotografías que nos enviaron as familias dos nosos peques dende as súas casas e a proposta que se lles enviou! 



Agardo que desfrutarades ao máximo da familia coa que estades confinad@s!