domingo, 6 de xuño de 2021

AS CEGOÑAS - PAISAXE

 Dende fai uns 4 anos, este animal tan peculiar, vén facer o seu niño moi preto do colexio!

En moitos recreos podemos observar ás cegoñas voar polo noso patio e este feito espertou a nosa curiosidade sobre este animal.

Decidimos facer unha saída ata o niño e alí comentar diferentes aspectos deste animal: que comen, onde viven o resto do ano, cantas crías adoitan ter...


Regresamos cansos para o cole pero... estas saídas polo contorno e en contacto coa natureza non teñen desperdicio!

Aquí vai unha imaxe da nosa manualidade sobre as cegoñas!


NA BÚSQUEDA DE INSECTOS - PAISAXE

 Aproveitamos a saída ao regato para...

Converternos en verdadeiros EXPLORADORES E EXPLORADORAS! Coa axuda da nosa lupa poidemos atopar diferentes insectos: miñocas, caracois, lesmas... e sobre todo bichos bóla!






PAISAXE: A IMPORTANCIA DA AUGA!

 Este curso escolar, os nenos de 4 anos estamos desenvolvendo o proxecto sobre a AUGA! 

QUE IMPORTANTE É ESTE ELEMENTO NO MEDIO!

Despois de realizar diferentes traballos na aula: características da auga, estados da auga, o ciclo da auga, usos da auga ... decidimos facer unha pequena saída ata un regato próximo ao colexio.


Pasamos uns bos momentos buscando diferentes gotas que a mestra escondeu pola paisaxe e fixemos navegar uns barquiños de papel que fixemos na aula!




Por último, fixemos un par de manualidades relacionadas coa auga!



A PRIMAVERA XA CHEGOU! (PAISAXE)

O 20 de marzo comezou a primavera e os nenos e nenas de 4 anos B comezamos a traballar con esta estación: que cambios se producen na paisaxe?, que coidados precisan as plantas e as árbores?...

Acordamos facer unha especie de lapbook/calendario resumo desta estación. 

Aquí volo ensinamos!









sábado, 28 de novembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 Cada 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha xornada dedicada a facer fincapé nos distintos tipos de violencia que sofren moitas mulleres de todo o mundo.

Neste día tan violeta intentamos facer ver que a violencia non nos leva a nada bo, nin exercela, nin padecela. 

Traballamos coas nosas mans. Que podemos facer con elas? Pois milleiros de cousas que nos gustan! É certo que con elas podemos empuxar, pegar.. pero ese camiño non o podemos permitir!

 Anímate a escoitar a seguinte canción de UNICEF: "Digamos NO a la violencia".

xoves, 26 de novembro de 2020

DÍA DA INFANCIA


 Como cada ano, o 20 de novembro celebramos o Día Universal do Neno e da Nena cun claro obxectivo: recordarlle á cidadanía que os nenos e nenas son o colectivo máis vulnerable e polo tanto o que máis sofre as crises e os problemas do mundo.

Este día mundial recorda que todos os nenos teñen dereito á saúde, á educación, á protección... independentemente do lugar do mundo no que naceran. 

Escoitamos e bailamos a canción de Cantajuegos "Yo tengo derecho".

 E debuxamos diferentes nenos e nenas.

xoves, 12 de novembro de 2020

EN TEMPO DE MAGOSTO...


Esta semana estivemos falando do castiñeiro, a árbore que temos xusto diante da fiestra da nosa aula. Como é? e os ourizos?, e as castañas?... Posto que fixo bo tempo recollemos no patio diferentes follas secas desta árbore. 

Que fixemos con elas? pois uns personaxes do outono ben curiosos.

Cunha castaña que decoramos poñéndolle ollos, nariz e boca; cun ourizo que coloreamos e recortamos, cunha folla de castiñeiro e cuns anacos de la...este foi o resultado!