Foron as primeiras letras coas que traballamos este curso. Nesta ocasión repasámolas buscándoas e recortándoas dun xornal. Tamén fixemos unha serie con elas!
Nesta ocasión, a nosa tarefa foi realizar unha flor a partir de círculos. Foron moitos os aspectos que traballamos: as formas xeométricas, os tamaños, a serie numérica, as destrezas coa tesoira...
QUEDARSE NA CASA é unha das medidas máis eficaces para frenar a propagación do virus que causa a enfermidade do Covid-19. Por iso, os nenos e nenas de 3 anos B seguimos facendo fincapé na importancia de non saír da casa mentres siga esta situación.
O 19 de marzo saía no cine a película TROLLS 2 ... GUAU...!
Canto tempo levabamos agardando ese momento... Que aventuras vivirá Poppy nesta nova película? E Branch? Pasará algunha desgraza coa guitarra de Poppy?
Por circunstancias do covid-19 temos que agardar máis do esperado para ir ao cine todos xuntos... pero iremos! Mentras tanto... por que non seguimos descubrindo cousas novas dos trolls? SABÍAS QUE... Os trolls non teñen 5 dedos nas súas mans nin nos seus pés. Os trolls teñen 4 dedos! Fíxate ben na imaxe:
Proposta de actividades:
Mirade todo o que traballaron os peques de 3 anos B dende as súas casas!
O venres chegou a PRIMAVERA! Píllanos na casa e non podemos saír inmediatamente a celebrala, pero todo se andará! Mentres tanto, deixámosvos aquí unhas propostas!
Animádesvos?
Podemos comezar cantando e bailando ao ritmo de Mamá Cabra! Ou xogando a adiviñar os sons que aparecen na canción "Los sonidos de la primavera"
Tamén podemos intentar escribir a palabra primavera, facer unha manualidade... Aí van as imaxes das propostas de actividades e de todo o que traballaron os nosos peques!
Estamos en corentena, nunha situación extraordinaria pero.... quen dixo que non podemos celebrar o Día do Pai?
Dende o cole, e como este curso vai de CINE, fixemos unha tarxeta para cada un dos nosos papás baseándonos no personaxe SUPERMAN! Mirade que chulis nos quedaron!
Tamén fixemos uns chaveiros moi especiais... pero ata que volva a normalidade non os poderemos levar para as nosas casas. Mentres tanto, ensínovos unhas fotografías que nos enviaron as familias dos nosos peques dende as súas casas e a proposta que se lles enviou!
Agardo que desfrutarades ao máximo da familia coa que estades confinad@s!
A motricidade fina é unha habilidade que permite realizar actividades que requiren unha maior precisión, é dicir, todas aquelas actividades nas que necesitamos un control das nosas mans, dos nosos dedos ou dos nosos pés, por exemplo, para realizar movementos máis pequenos.
Para o día de hoxe, a proposta de actividades fai especial fincapé na motricidade fina, concretamente, dos dedos índice e polgar! Anímaste?
Mirade que ben o fixeron os/as peques da nosa clase!
Como unha cousiña tan pequena pode causar tanto balbordo? É un virus moi pequecho pero moi travieso: contaxia a moitas, moitas persoas en moi pouco, pouco tempo.
Aquí vos quedan un par de vídeos deHappy Learning e El mundo de Mozartque explican o que é o coronavirus é, o máis importante, que debemos facer para non contaxiarnos.
Axudemos a acabar con este virus!
Mentres tanto.... a nosa vida debe continuar!!!
Por iso adxunto unha proposta de actividades totalmente VOLUNTARIAS para realizar co alumnado de 3 anos. (pincha na imaxe para velas nun maior tamaño)
Mirade que ben traballaron os/as peques da nosa aula!
Moitas grazas familias polo voso apoio e colaboración!
Benvid@s de novo! Ante a situación de alarma sanitaria, volvémonos a poñer en funcionamento para amosarvos todo o que estamos traballando... Esta vez dende a CASA!